O próximo día 6 de xullo, martes, realizaremos a primeira reunión presencial da Asociación do Ensino Profesional da Música e o Baile Tradicional (AEPMBT).
Celebrarase no Auditorio do Centro Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo – A Coruña)
ás 11 horas e nel imos facer a presentación da asociación, avanzar as bases do proxecto, recoller as vosas propostas e comezar o proceso de inscrición dos membros.
Temas para tratar:
- Proceso de constitución.
- Presentación da web e ferramentas de comunicación (RRSS).
- Estatutos e funcións da Asociación.
- Establecemento de cotas.
- Propostas para a Asociación – Feedback.
Contaremos coa presenza do xestor da asociación para responder a todas as preguntas que podan referirse a cuestións administrativas.
A reunión está dirixida a todos aqueles profesionais do ensino das distintas disciplinas musicais e de baile, tanto de Galicia coma do exterior, que exerzan a actividade de xeito legal.
Debido ao protocolo COVID e por razóns operativas, é necesario anotarse a través do correo electrónico (asoc.prof.trad@gmail.com) incluíndo nome, teléfono e DNI.
Localización
Auditorio do Centro Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras – Teo
